Éxito do bono comercio de Ribadavia.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Éxito da Campaña de Bono Comercio en Ribadavia, cunha resposta moi positiva tanto de comerciantes como do público.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En 10 días de campaña repartíronse os 400 bonos. Este Bono Comercio ofreceu 10 euros de desconto por cada 30 euros de compra no comercio local de Ribadavia. Comezou o pasado 17 de decembro, con máis de 30 establecementos participantes.

Desde a páxina web ribadaviacheadevida.com realizouse toda a campaña cunha asistencia técnica permanente contratada polo Concello que foi axudando e xestionando todo o proceso de Bonos Comercio, facendo moito máis fácil e áxil esta campaña.

Falamos dunha Campaña que ascendeu a 4.000 euros en axudas directas para fomentar as compras no comercio local de Ribadaviaen Nadal, sendo esta unha campaña moi importante para o sector.

Nas vilas e municipios como Ribadavia o sector do comercio é unha sector socioeconómico clave. Ademais, supón darlle vida a Ribadavia en todos os sentidos.

Desde o Concello facemos un chamamento a todos os veciños de Ribadavia e do Ribeiro a realizar nestas datas todas as compras posibles de nadal no comercio local e comarcal.