O BNG de Leiro reclama as axudas para autónomos prometidas en febreiro

Publicidade ASPADISI

Desde o BNG denuncian que a falla dunha semana para terminar 2021 nada se sabe das axudas a autónomos prometidas en febreiro deste mesmo ano. Entenden que este anuncio, feito só dous días despois de terse aprobado os orzamentos municipais de 2021, foi unha forma de desviar a atención destas contas.

No pleno deste mes o edil do BNG, Xacobe Ribeiro, preguntou por estas axudas, pero aseguran que desde a alcaldía séguese respondendo con ambigüidades.

HIPER MASIDE

Desde o BNG, piden que se cumpra coas promesas e deixen de dilatar a entrega dos 15.200 € prometidos diante da prensa.