Referentes do deporte galego reclaman o dereito de Galiza a competir coas súas seleccións

Vía Galega presenta un documental dentro da campaña “Galiza, un Pobo, unha selección”

Vía Galega, dentro da campaña “Galiza, un Pobo, unha selección”, vén de realizar un documental coa participación de 13 persoas relevantes e representativas do deporte galego. Nese vídeo verten a súa opinión sobre o dereito, o interese e a necesidade de poder competir representando a Galiza oficialmente e internacionalmente en todas as disciplinas deportivas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Declaran que sería a unha oportunidade moito maior para as nosas e os nosos deportistas poderen participar en competicións internacionais, xunto con manifestar o  dereito a poder escoitar o himno galego no podio, amais de ser emotivo e emocionante. Sinalan como Galiza no deporte é unha verdadeira potencia e referente en distintos deportes a nivel mundial e subliñan a importancia que ten o deporte na loita pola igualdade de xénero. 

Participaron neste documental:

Fernando Vázquez. Adestrador da selección galega de fútbol

Caetano Horta. Diploma olímpico  en remo nos Xogos Olímpicos de Tokio

Xulia Vaquero. Plusmarquista dos 5000 mts. Subcampioa europea de cros.

Gustavo César Veloso. Ciclista. Gañador da Volta Portugal

Eva Castro. Podio europeo e campioa estatal de ciclismo de montaña.

Luís Penín. Alpinista. Premio estatal de escalada en xeoque coronou cimas por todo o mundo)

Alba Cuba. Subcampioa Estatal de triatlon

Alexandre ‘Jano’ Sanmartín. Seleccionador nacional de fútbol gaélico

Mercé Barrientos. Taekwondo: Expresidenta da Federación Galega

Xan Rodiño. Presidente da A.C.D de Billarda das Rías Baixas

Xurxo Souto. Impulsor das seleccións e de Sareirxs Galegxs

Manuel Polo. Adestrador de atletismo

Cristina López Villar. Profesora da facultade de Ciencias do Deporte da UDC.

O documental, de 11′ 31” de duración, pódese visualizar na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=z3O4hGe9XgA

Vía Galega quere agradecer publicamente a disposición e participación desinteresada de todos e todas elas. Agora, correspóndelle á Xunta tomar  en consideración a opinión destes referentes do ámbito deportivo que xunto cos milleiros de cidadáns e cidadás  están a reclamar seleccións galegas en todos os deportes. O Goberno galego non pode continuar de costas a esta reivindicación e ten que reclamar as competencias plenas para poder competir oficialmente coas nosas seleccións. O seu desleixo e desprezo aos nosos símbolos e a todo o que nos conforma como nación é tan extremo que até evita os encontros amigábeis, co obxecto de invisibilizarnos como galegas e galegos e afondar máis na nosa irrelevancia como País.

Vía Galega continuará coa campaña para ir sumando máis voces e levantar una amplo movemento social que sexa capaz de  provocar un cambio de rumbo da Xunta para que atenda e entenda que aos galegos e ás galegas só os representan as seleccións galegas e as súas e os seus deportistas.