Confederación e concello asinan a mellora do abastecemento na rúa Ourense

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Francisco Fumega, alcalde do Carballiño , asinaron hoxe o Protocolo de Colaboración a través do cal se adquire o compromiso para o financiamento, execución e entrega das diferentes actuacións de renovación de canalizacións e acondicionamento da Rúa Ourense no concello ourensán do Carballiño.

As obras consistirán na execución de novas redes de sumidoiros e pluviais así como na renovación das redes de abastecemento e iluminación. Traballarase nun tramo da Rúa Ourense duns 550 m de lonxitude entre a intersección desta coa rúa Celso Emilio Ferreiro e a rúa 25 de Xullo. O investimento total estímase en 920.000 €.

AVANTAR ACTIVIDADES