O Carballiño manténse á alza, subindo hoxe 16 positivos ata os 217 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 217 casos activos, 16 contaxios máis ca onte. Maside sobe ata os 45 casos, catro mais ca onte. Boborás sobe catro ata os 20 contaxios. San Amaro baixa ós 13 casos e Punxín baixa ós 11 casos. San Cristovo sobe cinco ata os 17 contaxios. O Irixo sobe ós seis casos. Piñor conta con 4 casos. Beariz sobe ós 2 casos.

No Ribeiro, Ribadavia sobe 17 casos ata os 76 casos activos. Melón sobe ós 30 casos activos, Carballeda de Avia mantén 16 casos. Leiro sobe ós 14 casos. Cortegada conta con 11 casos. Castrelo de Miño, Avión e Arnoia presentan 10 casos cada un deles. Beade conta con 4 casos. Cenlle conta con 2 casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 5.662 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un repute notable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 36.909, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 50 (-1) están en UCI e 271 (+9) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 613 contaxios novos, unha cifra que ascende con respecto a onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 3.905 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 44 (+6) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=)  na UCI.