Os locais de ocio nocturno que opten ás axudas por non abrir en Fin de Ano deberán comunicalo á Xunta

Young african DJ man mixing music at club outdoor while wearing safety face mask for coronavirus outbreak

Os titulares dos locais de lecer nocturno que decidan pechar os seus establecementos na fin de semana de Fin de Ano, entre as 00.00 horas do día 31 de decembro de 2021 e as 03.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022, deberán realizar unha comunicación previa á Xunta de Galicia para poder optar ás axudas previstas polo Goberno galego a través do enderezo electrónico pechelecernocturno@xunta.gal. Será requisito imprescindible para poder optar aos pagamentos, e deberá ser remitido antes das 00.00 horas deste 31 de decembro.

Os titulares dos establecementos deberán incluír o nome do establecemento e enderezo, nome completo ou razón social do titular e CIF.

AVANTAR ACTIVIDADES

As axudas varían en función da superficie dos establecementos, entre os 2.500 euros para menos de 100 metros cadrados e os 45.000 euros para locais de máis de 2.000 metros cadrados.