Recepción no Pazo Provincial ao piloto ourensán Javier Pardo, campión europeo de rally

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao piloto allaricense Javier Pardo, que vén de gañar o Campionato Europeo de Rally na categoría ERC2 aos mandos dun Suzuki Swift R4LLY S, “nunha demostración do magnífico presente e prometedor futuro que ten este mozo ourensán no mundo do automobilismo”. 

Manuel Baltar subliñou a condición de Javier Pardo como piloto oficial de Suzuki, “empresa coa que a Deputación, a través do Inorde, mantén desde hai anos unha alianza para promover a marca Ourense Termal en todos os campionatos nacionais e internacionais”. Neste sentido, engadiu, “o retorno da marca é evidente, máxime cando vai acompañada dun gran éxito deportivo como o conseguido por Pardo neste ano, gañando as seis probas do campionato”. 

A Deputación de Ourense, destacou o presidente provincial, “ten no deporte un dos seus eixos estratéxicos, apoiando aos deportistas tanto desde o base como ata o máximo nivel e, como neste caso, a un piloto cunha carreira internacional consolidada”. 

Publicidade Premer na Imaxe