PUBLICIDADE
Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 667 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 9.098, unha cifra que ascende levemente con respecto á xornada de onte. En canto á semana pasada, os datos son esperanzadores, xa que superábanse os 10.000 casos activos. Hoxe hai 101 (-1) persoas na UCI, e 1.107 falecementos.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe rexistra 53 casos novos confirmados por PCR, 50 altas e 3 falecementos. A cifra total conta cos mesmos casos activos ca onte, 749. Trátase da primeira xornada na que os casos activos non baixan pero tampouco soben. Os hospitais reducen un pouco a presión. Os hospitalizados soben ata os 90 (+2), e 11 en UCI.