O Carballiño segue batendo récords subindo hoxe 40 contaxios ata os 328 casos activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 328 casos activos, 40 contaxios máis ca onte. Maside sobe ata os 54 casos, seis mais ca onte. Boborás mantén os 25 contaxios. San Cristovo de Cea sobe ós 23, catro máis. San Amaro baixa ós 17, Punxín sobe ós 15 casos e O Irixo sobe ós 11 casos. Beariz e Piñor manteñen cinco casos cada un.

No Ribeiro, Ribadavia sobe 23 casos ata os 112 casos activos. Melón sobe dous casos ata os 33 contaxios. Leiro mantén 17 casos. Castrelo de Miño sobe dous casos ata os 13 positivos. Cortegada, Carballeda de Avia e Avión contan con 12 casos cada un deles. Arnoia sobe ós 11 casos, Cenlle sobe ós 7 casos e Beade ós 5.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 2.871 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta unha redución case á metade. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 49.988, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (+3) están en UCI e 270 (+61) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 413 contaxios novos, unha cifra que descende levemente, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 5.421 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 54 (+5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=)  na UCI.