Emerxencias de Ribadavia actúa en 1.272 servizos e intervencións en 2021

O Servizo de Emerxencias de Ribadavia, Protección Civil, e GES de Ribadavia fixeron un repaso polas 1.272 intervencións e servizos nos que actuaron no pasado ano.  Estas asistencias son en accidentes de tráfico, extinción de incendios ou a eliminación de niños de velutina, o rescate de persoas e tamén de animais.

Por segundo ano consecutivo, as actuacións por mor do covid-19 encabezan o ranking, sendo preto de 500 servizos prestados dese total, nas vacinacións, desinfección de instalacións ou distribución de alimentos, medicamentos e outros produtos no domicilios.

AVANTAR ACTIVIDADES

A súa colaboración na celebración de eventos segue a ser moi importante, xa que a pesar de ser menos e máis reducidos, hai que incrementar a precaución.

As intervencións na retirada de niños de velutina sofre un descendo notable, con apenas 150 servizos, comparado co pasado ano.