O Carballiño e O Ribeiro rematan o ano cunha suba de desemprego, mentres Galicia marca nove meses de recuperación

O ano 2021 pechou en Galicia marcado pola recuperación do mercado laboral. Así o destacou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, quen sinalou que o número de parados -152.584-  continúa a niveis precovid-19 e é a cifra máis baixa nun mes de decembro de toda a serie histórica de datos (1996).

A comarca do Carballiño remata o ano con 1.403 desempregados, doce máis ca no pasado mes. O concello do Carballiño incrementa á cifra de parados 21 persoas, ata os 845 parados, sendo o concello que máis despunta. Maside sobe un parado e San Amaro, Piñor e Boborás presentan a mesma cifra ca novembro, con 49, 45 e 87 respectivamente. Pola contra, Beariz, O Irixo, Punxín e Cea baixan a súa cifra levemente.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comarca do Ribeiro tamén incrementa os desempregados en 15 persoas, sumando 784. Ribadavia suma seis parados ata un total de 295; Carballeda de Avia suma cinco, para contar con 83; Cortegada e Leiro suman catro, para ter 62 e 71 parados respectivamente. Pola contra, Cenlle suma tres novos empregos, para contar con 49 parados e Beade baixa o desemprego nunha persoa.