A Xunta destina en Boborás 123.000€ para melloras ambientais e en infraestruturas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou as actuacións levadas a cabo no concello de Boborás ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público e do Fondo de Compensación Ambiental.

Estas iniciativas supuxeron un investimento por parte do Goberno galego de máis de 88.100 euros. Ademais, contaron cunha axuda para a adquisición dun vehículo todo terreo 4×4 tipo pick-up, por importe de 34.900 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Visitaron tamén o novo parque infantil situado nunha zona que xa concentra varios equipamentos públicos. Por outra parte, o concello recibiu outros 28.725 euros para sufragar os gastos de persoal do servizo de auga potable e de saneamento. A alcaldesa, Patricia Torres, explicounos todos estes proxectos máis ó detalle.

Natalia Prieto lembrou que o investimento total neste concello con estas dúas liñas de axudas e outras vías de colaboración entre a Xunta e as entidades locais, así como o apoio á Mancomunidade do Carballiño e á Mancomunidade Turística Terras do Avia das que forma parte, supera os 456.600 euros.