O CCA do Carballiño sortea mañá ca lotería do Neno 1.500 euros en vales de compra

Mañá, o Centro Comercial Aberto do Carballiño premiará a todos aqueles que optaron polo comercio de proximidade para as súas compras de Nadal co sorteo de 1.500 euros en vales de compra. Todos aqueles que fixeron unha compra, recibiron unha papeleta con varios números. Os premiados deberán coinicidir cos primeiros premios da Lotería do Neno, que se celebra mañá a nivel nacional.

E recordamos que segue en marcha a campaña solidaria do CCA en colaboración ca protectora de animais Arume, “Deixemos pegada xuntos”. Un total de 63 establecementos asociados serán os encargados de invitar a cidadanía a que se animen a doar, e como agradecemento pola súa colaboración se lles fará entrega dunha rifa para entrar nun sorteo de cinco estuches de viño doados polos compañeiros de Bodega PAZO TIZON e dous vales de compra que aporta Carballiño CCA. Este sorteo será o próximo día 12 de xaneiro.

AVANTAR ACTIVIDADES