O Carballiño alcanza hoxe a barreira dos 400 contaxios, 13 máis ca onte

A comarca do Carballiño rexistra 591 contaxios. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 400 casos activos, 13 contaxios máis ca onte. Maside baixa dous casos ata os 58. Punxín sobe seis casos ata os 31. Boborás baixa dous casos ata os 26. Cea baixa un caso ata os 25. San Amaro sobe un ata os 23. O Irixo sobe un caso ata os 15. Piñor sobe un caso ata os 8 e Beariz mantén 5 casos.

No Ribeiro, Ribadavia sobe 16 casos ata os 149 casos activos. Melón baixa catro casos ata os 31. Leiro mantén 20 casos. Carballeda de Avia sobe seis casos ata os 17. Cortegada e Arnoia soben ós 16 casos cada un deles. Castrelo de Miño e Avión contan con 12 casos cada un. Cenlle sobe ós 10 casos e Beade mantén seis casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 3.913 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un incremento. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 61.635, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 51 (-5) están en UCI e 343 (+45) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 514 contaxios novos, unha cifra que ascende notablemente, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 7.454 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 61 (+12) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-1)  na UCI.