Nizam Iglesias, un mestre da batería con sete anos

Publicidade ASPADISI

Con tan só 7 anos, Nizam Iglesias, con orixes en Irixo (Parada de Labiote), ven de acadar a posición de finalista no campionato mundial Drum-Off Global.

Para elo presentou un solo de 4 minutos, que é analizado por bateristas de élite (Tomas Haake, Chris Coleman, Anika Nilles, e Carter Mclean) que o posicionaron entre os 5 mellores da súa categoría.

HIPER MASIDE

O baterista, presentouse por segundo ano consecutivo a esta prestixiosa competición mundial de bateristas por categorías. Os xuíces emitiron algúns comentarios amosando a súa sorpresa e asegurando estar impresionados polo xeito de tocar dun neno tan novo. Loubaron a súa actuación sen nervios e con confianza e animárono a seguir traballando e desfrutando da música.