Protección Civil recauda 1.620 kilos de alimentos no Carballiño

A campaña de recollida de alimentos “Pon un Nadal feliz para todos”, organizada pola agrupación de Protección Civil do Carballiño, foi todo un éxito. O grupo puido facer dúas entregas ó Banco de Alimentos, unha o pasado día 22 de decembro e outra esta mesma mañá. Entre as dúas, recadáronse 1.620 kilos de alimentos non perecedoiros.

Dende a agrupación quixeron agradecer a colaboración dos veciños do Carballiño e tamén ós supermercados deste concello que colaboraron coa campaña (Gadis, Eroski, Froiz e Dia) pola sua axuda, tan importante sobre todo nestas datas.

AVANTAR ACTIVIDADES