Un 54% dos nenos galegos recibiron xa a vacina fronte á covid para a volta ás aulas

Hoxe, 10 de xaneiro, os máis pequenos voltaron ás aulas, e fixérono ademais ca vacinación da primeira dose completa. O recinto de Expourense acolleu con animación para os mais pequenos a inoculación durante os últimos días das doses pediátricas, entre os nenos de 5 a 11 anos. Na actualidade, Galicia lidera a vacinación infantil e a primeira dose xa se administrou a case o 54% da poboación, 20 puntos por encima da media estatal.

Para esta volta ás aulas mantense o protocolo de medidas preventivas sen cambios (máscara, ventilación, grupos de burbullas, distancia…) para que a volta sexa o mais normal posible.

AVANTAR ACTIVIDADES

No que respecta ao profesorado, comezaron os trámites para cubrir máis de 200 baixas e as que xurdan. E establécese a corentena de sete días para aulas completas cando haxa cinco positivos ou o 20% dos alumnos.