A Xunta anuncia a continuidade das 90 casas niño galegas e incrementa a súa aportación

Publicidade ASPADISI

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe a casa niño ‘Os raparigos’, no concello do Irixo.

O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, deu as gracias á Xunta de Galicia polo apoio con este proxecto e anunciou tamén a próxima apertura dunha casa do maior para o municipio.

HIPER MASIDE

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou a publicación hoxe no Boletín Oficial de Galicia da continuidade das 90 casas niño que hai actualmente na comunidade. Ademais, unha novidade será o incremento do financiamento nun 10%, é dicir, en 2.000 euros, para as promotoras das casas niño, para que poidan facer fronte á suba eléctrica e dos seguros. Tamén incrementarán o presuposto para todas aquelas que abriron en 2016 para a renovación do equipamento.

A conselleira destaca a aposta do goberno galego por axudar ás familias do rural con medidas de conciliación coma as casas niño, facilitando un servizo sen ter que desprazarse do seu lugar de residencia.