O BNG de Barbadás solicitará ao Goberno Local optar aos fondos do Programa PIREP do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo dos mesmo é a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética de edificios destinados ao uso público

Os nacionalistas pretenden conquerir unha mellora da habitabilidade dos locais sociais, que foron antigas escolas unitarias de Sta. Uxía, Piñor, Parada, Sobrado e Loiro

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 O BNG de Barbadás solicitará, a través dunha moción presentada para o pleno deste mes de xaneiro, instar ao Goberno Local de Barbadás á elaboración e presentación dos proxectos precisos para poder optar aos fondos habilitados dentro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) posto en marcha polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e poder mellorar e acondicionar aquelas dependencias e instalacións municipais que o precisen así como para a rehabilitación de edificios destinados ao uso público.

Para o portavoz nacionalista Sarín Núñez, “estamos diante dunha boa oportunidade para que o Concello de Barbadás acometa varias reformas estruturais nos locais sociais, dado que moitos dos mesmos foron no seu día antigas escolas unitarias que non están nas mellores condicións de habitabilidade dada o antigüidade da súa construción”. Segundo Núñez, “parroquias e lugares, como Santa Uxía, Piñor, Parada, Sobrado ou Loiro puideran ser beneficiarias destas fondos”.

Sarín Núñez, considera preciso que “o noso concello presente os proxectos precisos e se adhira a estes programas dotados cunha partida de 600 millóns de euros para as entidades locais en todo o Estado”.

Esta convocatoria de axudas mediante concorrencia competitiva está destinada á rehabilitación ou construción de novos equipamentos públicos de diferente natureza, é dicir, usos administrativos, educativos, asistenciais, deportivos, sanitarios, culturais ou de servizos públicos varios coa única premisa de que os proxectos unha vez executados, acaden un aforro enerxético medio superior ao 30 %.