O Carballiño incrementa os casos totais ata os 473, cunha suba máis lixeira hoxe

A comarca do Carballiño rexistra 692 contaxios. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 473 casos activos, 12 contaxios máis ca onte. Maside baixa tres casos anta os 53. Punxín sobe dous casos ata os 34. Cea sobe un caso ata os 31 positivos. Boborás sobe cinco casos ata os 30, mesma cifra que presenta San Amaro. O Irixo sobe ós 21 casos. Piñor sobe ós 11 casos. Beariz mantén 8 casos.  

A comunidade galega rexistra hoxe 2.727 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un ascenso leve. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 71.504, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 48 (-5) están en UCI e 462 (+13) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 465 contaxios novos, unha cifra que se mantén estable, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 9.175 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 69 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-1)  na UCI.