O CCA sorteará mañá dous vales de compra e viño Pazo Tizón na súa campaña solidaria

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A campaña solidaria do Centro Comercial Aberto en colaboración ca protectora de animais Arume, “Deixemos pegada xuntos”, rematou hoxe. A decisión de colaborar con esta protectora nace do traballo tan importante que fan polo animais, e as necesidades diarias que teñen.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un total de 63 establecementos asociados foron os encargados de invitar a cidadanía a que se animasen a doar ó mesmo tmepo que facían as súas compras, aportando 1 euro, e como agradecemento pola súa colaboración se lles fixo entrega dunha rifa. O sorteo, que terá lugar mañá  día 12, de xeito telemático, a través das redes sociais do CCA, para entrar nun sorteo de cinco estoxos de viño da Bodega PAZO TIZON e dous vales de compra que aporta Carballiño CCA.