O goberno local traballa para presentar os orzamentos do 2022 canto antes

O goberno local do concello do Carballiño traballa co inicio do ano nos presupostos para este exercicio 2022. Nestes intres, o interventor municipal está calculando o importe de ingresos, tendo en conta a recadación de impostos e as aportacións previstas en canto a administracións autonómicas e nacionais. A intención do alcalde, Francisco Fumega, é levalos canto antes a pleno, aínda que non será neste mes de xaneiro.

O alcalde do Carballiño asegura que estas contas non serán como en anos anteriores, calcificándoas como “orzamentos de contención”. A pesar diso, as inversións contarán con algúns proxectos de importancia, coma a apertura da rúa Faustino Santalices, onde está o servizo de Correos, que une ca rúa Carreira. O alcalde falounos hoxe máis ó detalle sobre estes proxectos.

AVANTAR ACTIVIDADES