O cine de Leiro actuliaza a súa carteleira con filmes infantís e de acción

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira para a próxima fin de semana, repetindo dous filmes que xa se puideron desfrutar nas vacacións de Nadal. Por unha banda, pensando nos máis pequenos da casa, “Canta 2”. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas. E por outra banda, “The Kings man, la primera misión”, de ciencia ficción. Poderase ver o venres, sábado e domingo e o luns e xoves próximo, ás 19:00 horas.

Recordamos que para poder acceder ó cine, será preciso contar co certificado covid.

AVANTAR ACTIVIDADES