A editorial Galaxia e a Fundación Vicente Risco asinaron un convenio de colaboración

IES CHAMOSO LAMAS

A histórica editorial galega será a encargada de publicar en exclusiva a obra en galego de Vicente Risco na colección Biblioteca Vicente Risco (BVR).

A decisión xa fora tomada con motivo do centenario da publicación do primeiro número da revista Nós pero polas circunstancias epidemiolóxicas non se materializara aínda.

HIPER MASIDE

Ambas institucións reafirmaron a súa vontade de colaboración recíproca que se estende máis aló do plano editorial.

“Para nós é unha honra que a obra de Risco se publique nunha editorial tan senlleira como Galaxia onde don Vicente publicou o seu Leira aínda en vida nunha edición que el propio supervisou”, afirmou a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira Porto. No acto estiveron presentes ademais de Antón Vidal Andión, presidente da Fundación Galaxia e a propia Celia Pereira Porto, Francisco Castro Veloso, director xeral da Editorial Galaxia, e Xosé Rodríguez Díaz, secretario da FVR.

Este acto é un punto e seguido á boa relación que sempre mantiveron ambas institucións.

O principio inspirador do acordo é a colaboración a prol da cultura e a lingua galegas, recollendo o legado da Xeración Nós, tal como se recolle literalmente no protocolo que establece “(…) manter vixentes os mellores valores da xeración homónima á revista, baseados na colaboración a prol da lingua e a cultura galegas”.