Nota da Plataforma Pro Campus de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

O Consello de Goberno aprobou hoxe mesmo unha proposta de implantación dun Máster Exclusivo de Enxeñería Aeronáutica no campus de Ourense. Ao facer isto, a UVigo pon de facto dita proposta na mesa da Xunta de Galicia, que deberá pronunciarse sobre a súa pertinencia socioeconómica para Galicia a través do correspondente “informe previo de envío a verificación”.

Como xa fixemos hai aproximadamente dous meses, instamos á Xunta de Galicia a que emita un informe previo de envío a verificación favorable para un Máster Exclusivo en Ourense, de forma que este título chegue a tempo para ser ofertado esta primavera ao estudantado da terceira promoción do Grao en Enxeñería Aeroespacial do campus de Ourense para ser cursado a partir de setembro.

HIPER MASIDE

Lembramos que a nosa solicitude conta co aval de máis de 2000 firmas de cidadás e cidadáns e, como acredita o ficheiro adxunto, co dos colectivos académicos, políticos, sociais, profesionais e empresariais listaxes a continuación:

– Todas las Escuelas de Aeronáutica de España – Multinacionales Boeing, Indra y Babcock- Agencia Espacial Europea- Polo Aeronáutico de Rozas – Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial- Consorcio Aeronáutico de Galicia- Confederación de Empresarios de Ourense- 27 pymes de la provincia de Ourense en el sector de la Ingeniería- Asociación de Empresarios del Polígono de San Cibrao- Foro Liceo (agrupa a 16 colectivos profesionales de la provincia de Ourense)- Agrupación Miño de Ourense- Federación Limiar de Ourense- Sindicatos mayoritarios de la provincia de Ourense (CIG, CC.OO e UGT)- Todos los partidos políticos con representación en el Concello de Ourense y en la Deputación Provincial de Ourense (PP, PSOE, BNG, Ciudadanos y Democracia Ourensana)