A próxima semana repítense os cribados poboacionais con autocita no Carballiño e Ribadavia

Tamén na vindeira semana, entre o luns 17 e o venres 21 de xaneiro, prosiguen os cribados poboacionais coa realización de probas de ámbito comarcal nos Concellos de Allariz, Bande, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Maceda, A Pobra de Trives, Ribadavia, Viana do Bolo e Xinzo de Limia O acceso aos cribados será mediante autoinscrición, no seguinte enlace: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx no que tamén se poderá elixir o punto de acceso e o día. A cita se enviará nunha mensaxe telefónica ou SMS.