As altas e os novos contaxios equilibran os casos do Carballiño nos 352, cinco casos totais menos ca onte

A comarca do Carballiño rexistra 526 contaxios. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 352 casos activos, 5 contaxios menos ca onte. Maside sobe dous casos ata os 34. Boborás sobe sete casos ata os 36. San Cristovo de Cea mantén os 23. Punxín baixa dous casos ata os 26. San Amaro sobe dous casos ata os 22 casos. O Irixo mantén os 14 casos. Piñor sobe tres casos ata os 13 contaxios. Beariz sobe dous casos ata os 6 casos.

No Ribeiro, Ribadavia sobe 8 casos ata os 151 casos activos. Cortegada sobe ós 29 casos e Carballeda de Avia baixa ós 27. Leiro sobe ós 21 positivos. Melón baixa un caso ata os 10. Arnoia mantén 20 casos. Castrelo de Miño sobe ós 16 casos. Melón e Avión contan con 10 casos cada un. Beade mantén dos casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 6.801 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un descenso. O número de casos activos volve a ascender hoxe ata os 64.781. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (-4) están en UCI e 488 (+31) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 630 contaxios novos, unha cifra que se descende, e restando as altas, os casos totais volven subir ata os 8.048 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 75 (+5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (+1)  na UCI.