Deputación e Universidade de Vigo valoran como exitosa a colaboración na Ourense Mobile Week

IES CHAMOSO LAMAS

A Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo avanzan na elaboración de dous convenios na que priman a promoción de nova oferta académica da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e a participación na Ourense Mobile Week que con tanto éxito se celebrou no 2021.


O presidente provincial, Manuel Baltar, agradece “a dispoñibilidade, a colaboración e a cooperación que o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantén sempre coa Deputación de Ourense onde dende sempre exhibe unha gran alianza a través do Campus de Ourense.”



HIPER MASIDE

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, valora como exitosa a colaboración coa Deputación e en particular o paso pola Ourense Mobile Week; “Nos como Universidade estamos encantados de participar nesta actividade que foi moi exitosa. “ e responde positivamente á colaboración da próxima edición do Ourense Mobile Week 2022.

Na reunión celebrada esta mañán no Pazo Provincial falouse do Campus e o incremento de titulacións. Unha ampliada oferta académica como a de Turismo que precisan dunha axuda extra nun ano tan especial como é este co Ave xa en funcionamiento.



Manuel Baltar agradeceu ao reitor o traballo do seu equipo directivo e pedíu esa implicación  para a Ourense Mobile Week 2022 que conxuntamente coa estratexia de turismo de Ourense, e o plan de destino turístico intelixente, que só catro provincias en España van a desenvolver e conta coa colaboración esencial dun aliado como o é a Universidade de Vigo. Unha universidade que está especializada en captar talento, que conxuntamente coa operatibillidade, será unha das cousas de que presumir en Ourense.