Don Claudio e o progreso

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


A sua voz era baça e trêmula, como a das criaturas que não esperam nada, porque é perfeitamente inútil esperar. (Fernando Pessoa, O libro do desassossego).

Nunca souben moi ben, se don Claudio era así porque si ou por convicción. El era como era, e malia todo foi quen de chegar a arcipreste. Mais, por moito que a Historia se repita, como o tempo nunca se detén, aínda que nos pareza que nada cambia, a casca das cousas –só a casca, claro– a pesar de ser codia, non deixa de mudar, aínda que sexa lentamente.
Así a todo, e por iso mesmo, a medida que se esmirraba a habelencia dos pastores da Igrexa para furgarlle no maxín aos fregueses, a veciñanza ía descoidando o devezo por traballarlle as terras a cambio de indulxencias. Foi entón cando don Claudio, desgustado por ver as leiras sacras á poula, se puxo a refollar no libro da Xénese, en busca dun milagre. Ao ler aquilo, “gañarás o pan co suor da túa fronte”, agarrou o sacho polo mango e, antes de saír da reitoral, xa atopara a causa pola que as glándulas da pel segregan unha substancia líquida, composta de auga e ácidos orgánicos. Así que, como a cabeza pode valer para máis cousas ca levar o chapeu, don Claudio, decidiu levarlle a contra a San Isidro Labrador e abrir unha colecta para mecanizarse. Coa esmola do santo mercou un motocultor.
Non tardou en notar menos humidade nas costas e, ao vender parte da colleita, ideou e encargou un remolque para acoplarllo á mula mecánica. O Molina quíxoo afear na taberna, preguntándolle se a maquinaria tiña potencia dabondo para dedicala ao transporte de mercadorías. Don Claudio a escape pillou a indirecta e desafiouno a que o comprobase el mesmo, acompañándoo ao almacén onde ía levar dúas sacas de patacas. Meu dito meu feito, o outro sentou no remolque, ao lado do crego e o tractor, arrincou tremelicando, dereitiño cara a poza de auga e bulleiro que hai diante da reitoral. O reverendo botouse a toda mecha fóra da auga, emerxendo dende o fondo da pozanca desposuído da roupa que levaba posta, ao ficar engarrada nas silvas e nos ferranchos da maquinaria, mentres Molina relampaba os ollos sen dar saído do seu asombro ao comprobar que, do pescozo para baixo, o cura era idéntico a el.
 [O meu tío Lisardo non deixa de sorprenderse, ao atopar cada día tantos pillabáns que van pola vida presumindo de listos ata que, por un casual fican espidos, mostrando a súa manifesta ignorancia].

————————————————————————————————–

Outros Artigos de Antón Jardón :

” Vai moito frío en Penalonga “

Publicidade Premer na Imaxe

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “