FRUGA defende ás explotacións agrarias familiares fronte a gandería agro-industrial das macro-granxas

A gandería industrial das macro-granxa é sinónimo de desertización, abandono e de problemas medioambientais, fronte as explotacións familiares garantía de producións respectuosas co medio ambiente e dun rural galego vivo.

Lugo, 13 de xaneiro de 2022. En primeiro lugar queremos manifestar que na Galiza se produce unha carne de vacún de calidade excelente, entre as mellores do mundo, que está amparada polo selo de “Ternera Gallega Suprema”, e que ten como principal alimento o leite materno. Estamos a falar dun modelo de produción, que existen desde moitos anos atrás, e que sempre lle deu o prestixio necesario a carne galega. Estas produción son claves para manter un medio rural vivo, tendo en conta ademais que en moitas comarcas do país, é a principal actividade económica, por non dicir a única.

AVANTAR ACTIVIDADES

En segundo lugar xa non é a primeira vez que nos manifestamos en contra das denominadas macro-granxas ou granxas industriais, especialmente cando se falaba da explotación de vacún de leite que se quería instalar en Noviercas (Soria), que tiña previsto albergar a perto de 25000 animais de razas de aptitude láctea, concretamente mais de 15000 vacas en muxido. Desde o noso punto de vista este tipo de explotacións soamente favorecen o abandono, ao tempo que contribúen a desertizar as aldeas galegas, sin importarlles para nada os importantes problemas medioambientais que ocasionan. Estamos a falar dunha granxa similar o total de 400 explotacións lácteas galegas de tamaño medio.

Desde FRUGA consideramos que non chega con facer declaracións, senón que é preciso lexislar. Mas a lexislación que está a preparar o goberno español vai encamiñada a favorecer as macro-explotacións, así na proposta de orde de ordenación das explotacións de vacún establece-se a limitación de animais por explotación en 720 vacas en muxido, ou 850 unidades de gando maior (UGM), ou cando O Ministerio de Agricultura fai a proposta de axuda para o sector lácteo ligada á nova PAC consistente en que por cada vaca adulta, maior de 24 meses, cobren axudas as explotacións que teñan até 725 vacas adultas, cando na Galiza mais do 90% teñen menos de 200 cabezas en muxido.

Por eso mesmo desde a FRUGA queremos pór de manifesto o contraditorio das posicións do goberno español, xa quepor un lado opta por un modelo de produción encamiñado cara as macro-explotacións, que aínda que se establezan límites estes están moi lonxe da realidade galega, e por outro fala de protexer as granxas detamañomedio, ao tempo que se promoven sistemas extensivos como o pastoreo.

A postura de FRUGA pasa pola defensa dun modelo de gandería de tipo familiarfronte a gandería agro-industrial baseada nas macro-granxas, que elimina a unha boa parte dos activos agrarios do campo galego. Esta agro-industria cada vez está máis baseada en fenómenos de tipo integrador, que dificultan a existencia dos autónomos agrarios, que están a sufer una importante redución no agro galego.