O alcalde pedirá a información sobre o Asilo ó Obispado para trasladarlla á oposición

O alcalde do Carballiño amosouse cooperativo, asegurando que pedirá ó Obispado toda a información para poder trasladarlla ós grupos. En canto á marcha das relixiosas, Francisco Fumega asegura dar por válida a xustificación do bispo, que se refire á falla de vocación actual e ó envellecemento das monxas que actualmente residían alí.

O alcalde explica que o concello forma parte do patronato en calidade de vogal, estando presidido polo Obispo, e reciben conta dos exercicios económicos e demais tramitacións.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ás críticas recibidas pola privatización dalgúns dos servizos, o alcalde informa de que o papel do concello e dos diversos alcaldes que pasaron nunca se meteron nas decisións da xestión, sempre e cando esté garantido o servizo de calidade.