O Sporting Carballiño suspende o partido deste domingo por covid

O campo da Uceira tiña previsto acoller este domingo día 16 un derbi entre dous equipos da contorna, o Sporting Carballiño e o Maside. O encontro quedou suspendido a causa de contaxios de covid, e será aprazado á data máis próxima posible.

O Atlético Arnoia xogará mañá sábado, ás 17:00 horas, e farao fronte o Somozas, na Coruña, no campo Alcalde Manuel Candocia, campo de Pardiñas.

O Arenteiro descansará nesta fin de semana. O próximo encontro será o próximo día 22, fronte ó Arosa.

Publicidade Premer na Imaxe

E no fútbol sala, o club Carballiño Fútbol Sala xogará este sábado, ás 17:45 horas, fronte ó Troula, de Betanzos.