Ribadavia comeza o luns a hora azul gratuíta na rúa Progreso.

Comeza tamén a zona verde na rúa Extramuros e Rúa San Martiño para residentes e establecementos do Casco histórico.

A medida intentará atender unha demanda dos comerciantes da rúa Progreso, onde é moi difícil aparcar. Así mesmo, a zona verde pretende potenciar a residencia no casco histórico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o luns comeza a funcionar a zona azul na rúa Progreso e a zona verde na rúa Extramuros e San Martín.

Será un comezo progresivo centrado na difusión e explicación da nova normativa. Durante este mes de xaneiro o Concello explicará o seu funcionamento, sen aplicar ningún réxime de sanción.

– ZONA AZUL.

A zona azul será na rúa Progreso, desde o cruce coa rúa Ribeiro ata o cruce coa rúa Carlos Casares (inicio da Alameda), unicamente na marxe dereita, subindo dirección Vigo.

Desde o Concello repartíronse no mes de decembro discos da hora azul en todos os comercios e locais de hostalaría da rúa Progreso, para facilitar a súa distribución entre veciños e visitantes de Ribadavia, así mesmo na Casa do Concello pódense adquirir de maneira gratuíta.

Recordamos que o estacionamento é gratuíto, o horario máximo será de 1 hora e 30 minutos, e funcionará en horario comercial de luns a venres de 9h a 13.30h e 16h a 20h., e Sábados de 10h a 13.30h. O resto de días e horas será coma sempre.

– ZONA VERDE.

Será na rúa Extramuros, rúa Rego de Auga (entre a fonte da prata e a fonte dos dous canos), e rúa San Martiño (Porta da Vila). Terán dereito a estacionar todos os veciños e establecementos do casco histórico.

Así mesmo, os veciños residentes da rúa Progreso, que xustifiquen a súa necesidade, tamén terán dispoñibles para estacionar a rúa Rego de Auga e Praza Porta da Vila- San Martín, como zona de estacionamento veciñal.

Este mesmo sistema funciona en varias vilas galegas, e aínda que as veces de inicio pode suscitar dúbidas da veciñanza, a experiencia destes municipios é moi positiva, axudando moito á mobilidade do trafico e do aparcamento.

O Concello entende que diante dos problemas de tráfico que existen en Ribadavia desde fai moito tempo é preciso intentar solucións que agardamos sirvan para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas.