Alfredo García presentou o seu proxecto para a renovación do PsdeG-Psoe en Ribadavia

ALFREDO GARCÍA “ESCOITOU Á MILITANCIA” DA COMARCA DO RIBEIRO E PRESENTOU O SEU PROXECTO PARA A RENOVACIÓN DO PSDEG-PSOE DE OURENSE CUN EQUIPO DE TRABALLO NO QUE AS PERSOAS RECUPEREN A ILUSIÓN E SE SINTAN PARTÍCIPES

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE de Ourense e alcalde de O Barco reuniuse coa militancia na Igrexa da Madalena nun encontro no que estivo acompañado pola alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, e o alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, quen fixo referencia á “necesidade dun cambio de rumbo no partido e á necesidade dun proxecto municipalista liderado por unha persoa que cumpra e una”, amosando o seu apoio a García.

AVANTAR ACTIVIDADES