A Xunta inicia os traballos de limpeza nas estradas ó seu paso por Ribadavia

A Xunta iniciou este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas da provincia de Ourense, nas estradas ourensás OU-801, OU-540 e OU-531, ao seu paso polos concellos de Ribadavia, Ourense, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

Estas intervencións contribúen á prevención de incendios, mediante a eliminación de especies pirófilas como piñeiro, eucalipto ou acacia na marxe das estradas de titularidade da Xunta.

AVANTAR ACTIVIDADES