Criticas do Bng de Castrelo ao grupo de goberno pola xestión da Coupe da Jeunesse 2022

Unha vez máis, o grupo de goberno de Castrelo de Miño, PP + tránsfugas
do PSOE, veñen de demostrar a súa ineptitude na xestión municipal á luz
das últimas novas vendidas nos medios de comunicación.
Presumen de conseguir un millón de euros para a reforma das naves do
náutico e para a construción dunha nova pista de remo co gallo da Coupe
da Jeunesse, retrasada un ano por mor da Covid. (Millón de euros que non
dá para acometer todas esas instalacións) Pois, nin con ese retraso de un
ano son capaces de ter a punto as instalacións para dito evento. O
ilexítimo desenténdese das xestións, non asiste ás reunións coas
federacións de remo, e delega todo na deputación provincial. O tempo
bótase enriba e inda non hai nada feito.

Dende o BNG acabamos de solicitar ao concello o acceso ao expediente
de compra dos terreos que agora di que non valen. E que teñen que
agardar a que se aprobe definitivamente o PXOM. Onde están os informes
urbanísticos preceptivos da compra dos terreos para a ampliación das
naves? Ou mercounos ás bravas? Os terreos non valen para ampliar a nave
do náutico pero si valen para ofrecelos á fundación Amancio Ortega para
a construción dunha residencia sen aprobación definitiva do PXOM? Con
quen se asesora o Sr. Pazos para facer semellantes trapalladas e vender
tanto fume

AVANTAR ACTIVIDADES