O Carballiño retoma a tendencia á alza subindo ata os 361 contaxios activos

Publicidade ASPADISI

A comarca do Carballiño rexistra 546 contaxios. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 361 casos activos, 9 contaxios máis ca o pasado venres. Maside sobe oito casos ata os 42. Boborás sobe dous casos ata os 38. San Cristovo de Cea sobe cinco casos ata os 28. Punxín baixa catro casos ata os 22. San Amaro baixa un caso ata os 21 casos. O Irixo baixa un caso ata os 13 casos. Piñor mantén 13 contaxios. Beariz sobe dous casos ata os 8 casos.

A comunidade galega rexistra hoxe 4.921 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un descenso. O número de casos activos volve a ascender hoxe ata os 72.573. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 54 (+1) están en UCI e 553 (+65) en unidades de hospitalización.

HIPER MASIDE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 502 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais volven subir ata os 8.149 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 85 (+10) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (+1)  na UCI.