O Psedg de Ourense denuncia a politica do PP sobre os “espazos verdes”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Ourense esíxelle ao Partido Popular que poña fin dunha vez por todas a súa política de “terrorismo medio ambiental”, que está dando como consecuencia unha masacre ecolóxica na cidade de Ourense, onde en cuestión dun mes se procedeu a varios arboricidios e talas indiscriminadas de árbores sas. Os socialistas denuncian que a Xunta de Galicia, por mediación da xefatura territorial de Cultura, Educación e Universidade, levou a cabo un atentado medio ambiental na contorna da Universidade Laboral, onde se tallou polo pé un espazo verde sobranceiro en pleno corazón da cidade.

Dende o Grupo Municipal Socialista anuncian que levarán este novo arboricidio orquestrado polos populares a xunta de área que se celebrará mañá e esixirán a concellería de Medio Ambiente que proporcione informes sobre dita tala de árbores e as autorizacións pertinentes para que a mesma se levase a práctica. Os socialistas pídenlle ao PP que “non continúe co arboricidio” que está a levar a cabo en diferentes puntos da cidade e esixen que se proceda a “recuperación e renaturalización da zona afectada”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas lembran que vense de aprobar unha moción no pleno do pasado venres “onde lle recriminábamos ao concelleiro do PP e responsable da área de Medio Ambiente, Jorge Pumar, a desfeita levada a cabo no Barbaña, onde se procedeu a unha tala sen control de especies autóctonas, deixando en moitos casos especies invasoras sen talar o que provocou unha auténtica masacre medio ambiental no río Barbaña e en toda a súa contorna”. Critican que “un día despois dese pleno, apareza un novo episodio de xenocidio de árbores na cidade, concretamente na Universidade Laboral, onde se atacou e destruíu un ecosistema ao completo”.

Para o PSdeG-PSOE de Ourense o coñecido popularmente como “bosque” da Universidade Laboral de Ourense era, ata a súa tala, un “pulmón verde” en pleno corazón da cidade de Ourense e apuntan a que se trata dun “proxecto sobranceiro e que destacou dende os anos 70 pola súa integración paisaxística nas instalacións”. Consideran que tras máis de medio século de “convivencia harmónica e pacífica” entre as árbores, as instalacións e as persoas “non é de recibo realizar unha masacre destas magnitudes, tallando exemplares completamente sas e en pleno esplendor por capricho do Partido Popular”.

Os socialistas anuncian que “non permaneceremos quietos namentres se destrúen os pulmóns verdes da cidade” e sinalan que esixirán responsabilidades políticas os culpables desta “masacre”, xa que tal e como afirman “un atentando medio ambiental destas características non pode quedar impune e os culpables deben pagar por esta afronta a Ourense, ao medio ambiente e as súas xentes”. Esta mañá representantes do Grupo Municipal Socialista participaron nun acto, celebrado por Amigas das Árbores de Ourense, na zona onde se produciu dita masacre.