O subdelegado do Goberno recibe ao novo comisario xefe provincial de Operacións da Comisaría de Policía Nacional

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, acompañado do comisario xefe provincial, Juan Carlos Blázquez, recibiu ao novo xefe provincial de Operacións da Comisaría de Policía Nacional en Ourense, o comisario José Antonio Baño Ona, para darlle a benvida no seu novo posto.

Emilio González repasou co comisario xefe provincial e co novo responsable de Operacións os asuntos máis relevantes relacionados coa seguridade da provincia e desexoulle ao comisario Baño “todos os éxitos no seu novo desempeño profesional”, destacando a responsabilidade e o compromiso que require o cargo que vai exercer.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, o subdelegado do Goberno quixo destacar o traballo e o compromiso que manteñen os axentes da Policía Nacional coa defensa dos dereitos e liberdades da cidadanía ourensá.

O comisario José Antonio Baño Ona presta servizos no Corpo Nacional de Policía dende hai 26 anos. O seu primeiro destino foi a Brigada de Estranxeiría e Fronteiras de Las Palmas. Posteriormente, traballou durante catro anos nos servizos centrais da Comisaría Xeral de Información e, a continuación, vinte anos nas Unidades de Intervención Policial (dez anos en labores operativas como xefe de grupo e outros dez anos como responsable de procesos selectivos de formación das U.I. P.).