Running VI Festival de Teatro Domingos de Sanamaro de Matamá

Desde De Ste Xeito Producións temos o inmenso pracer de anunciarvos que esta fin de semana teremos a oportunidade de representar a nosa comedia RUNING no VI Festival de Teatro Domingos de Sanamaro de Matamá. O evento tendrá lugar o Domingo 23 de Xaneiro, ás 19:00h, no Auditorio da Sociedad Cultural Deportiva Atlantida de Matamá da Rúa dos Canteiros, 53 Vigo – Matamá.

# SINOPSE DE RUNNING
“Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?” Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.”

AVANTAR ACTIVIDADES

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia