A Xunta de Galicia primará o estudo e análise do proxecto presentado polo Concello de Cortegada para a declaración da súa primeira área de rehabilitación integral (ARI).
Así llo informou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao alcalde, Avelino de Francisco, con quen mantivo unha audiencia para coñecer os detalles deste proxecto.
Agora o Instituto Galego da Vivenda e Solo analizará a documentación e se a proposta cumpre os criterios de declaración de ARI rústico.
Deste xeito, os veciños poderán beneficiarse dos incentivos que anualmente se destinan ao programa de áreas de rehabilitación integral e que só en 2021 repartiron 10,2 millóns de euros entre 40 ARI de 22 concellos.