A Xunta reforza cunha moto acuática a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fixo entrega esta mañá dunha moto acuática á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Castrelo de Miño para reforzar o seu equipamento.

A Xunta leva destinados máis de 109.600 euros a o funcionamento desta agrupación, dos que máis de 90.500 euros se corresponden coa entrega de material de emerxencias como unha embarcación, un remolque de emerxencias, un vehículo pick-up, un desfibrilador, unha pértega e un traxe para intervencións en niños de vespa velutina, terminais tetra con GPS e a moto acuática entregada hoxe e dotado con case 18.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

O investimento do Goberno galego nos últimos anos para dotar de material de emerxencias dos servizos de emerxencias dos concellos galegos, pese a tratarse dunha competencia de carácter local, achégase aos 20 millóns de euros, máis de 11 millóns de euros para as 234 AVPC da comunidade e 8 millóns para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), aos que a Xunta tamén apoia financiando máis da metade do seu custo de funcionamento.

Deste xeito, o ano pasado, no marco da orde de axudas para reforzar o equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, a Xunta destinou máis de 1 millón de euros á adquisición de 19 vehículos todocamiño tipo pick-up, 6 remolques para a atención das emerxencias, 26 tendas de campaña, 8 coitelas para a retirada de neve e oito esparexedores de sal.

Nos últimos anos cedéronse máis de 200 vehículos todocamiño e 179 remolques de emerxencias, ademais de material específico como coitelas quitaneves e esparexedores de sal nos concellos de montaña incluidos no Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega) ou motos acuáticas e embarcacións nos municipios costeiros ou con encoros onde se practican actividades de recreo adheridos ao Plan de Protección Civil de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga).


VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO