Emigración apoia a peregrinación en bicicleta do ourensán Alberto Cacharrón a través do Camiño Branco, a ruta Xacobea máis longa do mundo

O delegado da xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou hoxe na localidade máis austral do país latinoamericano, Ushuaia, na saída da peregrinación en bicicleta que realiza o ourensán Alberto Cacharrón a través do Camiño Branco, a ruta Xacobea máis longa do mundo, con 12.232 quilómetros de distancia.

A saída de Cacharrón tivo lugar fronte ao cruceiro máis austral do planeta, creado pola Escola de Canteiros de Pontevedra, e doado polo Centro Galicia de Residentes Españoles Tierra de Fuego en 1996. A bicicleta deste peregrino, apoiado por Xacobeo e Emigración, chegou onte a Usuaia a bordo do buque Hespérides e ao longo das próximas semanas cruzará Arxentina e Uruguai para regresar a Europa, completando a viaxe ata Santiago a través da Península Ibérica. Será así a primeira vez que se realice de forma integral esta peregrinación en bicicleta.
 

AVANTAR ACTIVIDADES