O concello do Irixo homenaxea a Nizam Iglesias, baterista de sete anos

IES CHAMOSO LAMAS

Este pasado sábado o concello do Irixo fixo unha homenaxe a Nizam Iglesias, polo éxito acadado no recente certame musical no que participou. O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, adicoulle unhas palabras especiais e recordoulle todo a apoio tanto institucional coma da súa familia.

Ademais, o concello do Irixo destinará unha partida orzamentaria para o investimento no aprendizaxe musical do pequeno.

HIPER MASIDE

Con tan só 7 anos, Nizam Iglesias ven de acadar a posición de finalista no campionato mundial Drum-Off Global. Neste acto aproveitou para confesar a todos a paixón que sinte pola batería dende ben pequeno.

Os seus pais amosaron o agradecemento por todo o apoio que está a recibir o seu fillo, visiblemente emocionados durante o acto e tamén pola axuda anunciada por parte do concello.

O concello agasallou ós pais cun ramo de flores polo esforzo feito co pequeno Nizam e ó mozo cunha mostra tallada en madeira do escudo do concello e unha placa en homenaxe polo concurso no que ven de participar.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV