O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Asociación de Empresarios da Construción de Ourense, Santiago Ferreiro, co que repasou a situación actual da provincia a través dos datos reflectidos no último informe do Observatorio Económico da Deputación, ademais de analizar o grao de execución de obra pública na provincia e as novas oportunidades que xurdirán no territorio grazas á mellora da conectividade que supón a chegada da alta velocidade.
No encontro, Manuel Baltar e Santiago Ferreiro tamén repasaron os proxectos realizados conxuntamente pola institución provincial e maila asociación, así como tamén outros plans de cooperación “que no futuro van permitir continuar coa liña de colaboración que mantemos cos empresarios da construción, sobre todo tendo en conta o gran papel que teñen na xeración de emprego e de riqueza”, apuntou o presidente provincial.