A Xunta concede ós concellos 17 millóns en axudas para os servizos sociais municipais

Publicidade ASPADISI

A Xunta concedeu aos Concellos galegos 17,2 millóns de euros en axudas para financiar os servizos sociais municipais. Estas achegas, enmarcadas dentro do Plan Concertado, destinaranse maioritariamente á contratación de persoal e á posta en marcha de programas asistenciais como o Servizo básico de Axuda no Fogar (SAF), o funcionamento de escolas infantís de titularidade municipal e programas sociocomunitarios.

Este incremento permitirá que 85 concellos incrementen o seu persoal. Deles, 25 son da provincia da Coruña, 19 da provincia de Lugo, 16 da provincia de Ourense e 15 da provincia de Pontevedra.

HIPER MASIDE

O Plan Concertado servirá para renovar o financiamento do Servizo básico de Axuda no Fogar (SAF) e para o funcionamento das escolas infantís municipais e a compensación pola aplicación da gratuidade.