O Carballiño acolle a presentación do libro “Tostado. El vino noble de Galicia”

O salón de actos do Concello do Carballiño acolleu onte a presentación do libro “Tostado. El vino noble de Galicia”, obra da que é autor o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e investigador Xavier Castro.

A publicación tense convertido no libro de referencia á hora de analizar a gastronomía, a viticultura e a historia de Galicia. O autor falounos un pouco máis ó detalle da súa obra.

AVANTAR ACTIVIDADES

O tostado foi unha elaboración moi aprezada, e de elevado custe, que se enmarca na tradición vitivinícola do Ribeiro e que contaba cunha grande reputación na comarca e que figura recollida, entre outra documentación, na obra de Emilia Pardo Bazán. A escritora estivo vencellada ao Carballiño e ás terras do Ribeiro logo do seu matrimonio co carballiñés José Quiroga.