O Carballiño estabiliza os novos contaxios e as altas, subindo a cifra total ata os 359 positivos, dous máis ca onte

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 359 casos activos, 2 contaxios máis ca onte. Boborás sobe sete casos ata os 47. Maside baixa un caso ata os 44. San Cristovo de Cea baixa dous casos ata os 29 contaxios.Punxín mantén 23 casos. San Amaro baixa seis casos ata os 18 contaxios. Piñor sobe tres casos ata os 16 positivos. O Irixo baixa dous casos ata os 10 positivos e Beariz baixa un caso ata os 7 positivos.

No Ribeiro, Ribadavia baixa sete casos ata os 141 casos activos. Cortegada baixa un ata os 47 casos activos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Todos os demais concellos presentan menos de 40 casos activos, e nas dúas comarcas non hai ningún libre de covid.

A comunidade galega rexistra hoxe 6.627 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un ascenso. O número de casos activos volve a ascender hoxe ata os 75.961. A ocupación das camas dos hospitais redúcese. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (=) están en UCI e 549 (+4) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 707 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais volven subir ata os 8.229 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 77 (-7) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=)  na UCI.