Carballiño baixa 6 casos nesta xornada e mantense a “estabilidade” no resto da comarca

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 353 casos activos, 6 casos menos ca onte, San Cristovo de Cea baixa 5 casos ata os 24. Punxín sobe un caso ata os 24

San amaro mantense nos 18 casos da ultima xornada. O Irixo baixa un caso ata os 9 casos. Piñor sube dous casos ata os 18 contaxios. E maside tamen sube un caso ata os 45 .Boboras mantense nos 47 casos e beariz mantense tamen nos 7 casos

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, Ribadavia volta subir 6 casos ata os 147 casos activos. Cortegada mantense nos 47 casos activos. Carballeda de Avia sube 8 casos ata os 36, Arnoia baixa 1 caso ata os 19, e Castrelo de Miño mantense nos 15 de onte, Cenlle sube un caso ata os 14. Melón mantense nos 12 casos. Beade sube un caso ata os 4.  E leiro tamen sube un ata os 24.

A comunidade galega rexistra hoxe 1.275 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un leve descenso. O número de casos activos ascende ata os 77.236. A ocupación das camas dos hospitais redúcese. Do total de pacientes positivos en Galicia, 49 (-4) están en UCI e 539 (+-10) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 46 contaxios menos, quedando en 8.123 , con 78 hospitalizados en pranta (+1) e mantendo 7 persoas na uci.

A Xunta continúa traballando desde a máxima coordinación  interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste sentido, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Aconsellan o uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves