Este domingo charla informativa en Doade sobre eólicos e liñas de alta tensión

A Asociación Alarma Terra de Montes APOIA a chamada á mobilización realizada pola Plataforma AsiEólicosNON de Cotobade para o vindeiro 29 de xaneiro diante da delegación da Xunta en Pontevedra ás 12:00h. como protesta pola invasión de parques eólicos proxectados na zona.

Ademais do apoio a esta chamada, tamén convocamos á mobilización, a tod@s os veciñ@s da nosa comarca Terra de Montes, nestes momentos afectada por máis de 25 proxectos eólicos en diferentes estados de tramitación. E con dous deles en fase de alegacións como son a Conexión Beariz 400 kV (25 parques eólicos conflúen aquí) e o P.E. Dos Cotos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nos últimos meses os concellos de  A Estrada, Forcarei, Beariz, Cerdedo e Cotobade están a sufrir a avalancha de proxectos eólicos con preto dunha trintena de parques eólicos en diferentes fases de tramitación, ademais das respectivas liñas de alta tensión que se estenderán por todo o territorio.

– Parques eólicos tramitados pola Xunta de Galicia: Targos, Outeiro Grande, Monte Festeiros, Borreiro, Pedra Longa, Cabanelas, As Penizas, Ampliación As Penizas, Campo das Rosas, Pico Touriñán, Touriñán III-2, Rosa dos Ventos, Porto Vidros,  Monte Arca Norte, Nesa Monte Arca Sur, Monte Arca, Monte Xesteiros, Castro Valente, Paraño Oeste, Marcofan, Campos Vellos, Coto Carballal, Dos Cotos, Monte do Pe  e Coto Aguado.

Tamén aproveitamos a ocasión para animar a todas as asociacións e colectivos organizados para defender a terra a que levena súa protesta con nós o 29 de xaneiro ante a Xunta de Galicia.

Este non é problema dun parque só, a especulación eólica aféctanos a todos e todas. Por iso, e na liña que esta asociación mantén priorizando que a información chegue a toda a veciñanza, convidamos tamén a participar na charla informativa que realizaremos o 23 de xaneiro ás 16h onde a capela do Carme en Doade, Beariz, polo proxecto de liñas de alta tensión no que evacuarían máis de 25 parques eólicos das comarcas de Terra de Montes, Deza e Carballiño. Non quedes na casa, infórmate, dubida e participa!

O 29 de xaneiro animamos a levar o nome do parque eólico ou liña de alta tensión que pretende rebentar a túa fonte, o teu xeito de vida, a túa saúde!